Libros da terra

LIBROS ESCRITOS POR PALMEIRÁNS OU QUE FALAN DA NOSA PALMEIRA.

VENTO E CHUVIA - Mitoloxía da antiga Gallaecia
Autor: Manuel Gago Mariño
Editorial: Xerais
Ano: Novembro 2013
Idioma : Galego

Este libro, ilustrado por Manel Cráneo, lévanos ata a Idade do Ferro e conta as historias de deuses e homes que conviviron baixo a mesma chuvia na Gallaecia


Manuel Gago Mariño, é fillo do noso veciño Manolo "o carreirán", naceu en Palmeira en xuño do 1975. É xornalista, Doutor en Ciencias da Información pola USC, director de varios medios dixitais, e profesor da USC.








OLLADAS
Autor: Adelaida Vidal Vizcaya
Editorial: Sotelo Blanco
Ano: 2012
Idioma : Galego


Primeira novela desta moza de 26 anos, filla do noso veciño e grande escritor Francisco A. Vidal.
Con esta novela gañou o premio Risco de Creación Literaria. Augurámoslle un futuro prometedor.















NACER, CRECER, VIVIR E MORRER EN PALMEIRA (1500-2000)
Autor: Xosé Álvarez Castrelo
Editorial: Era Dixital
Ano: 2011
Idioma: Galego

Froito dun traballo de máis de oito anos, desta vez Pepe Castrelo nos presenta o estudo de varias árbores xenealoxicas do noso Pobo.

Un libro de consulta moi interesante para os palmeiráns, donde de seguro se verán reflexados.

Pepe Castrelo naceu en Palmeira en 1958, é Licenciado en Historia Moderna pola USC e actualmente é profesor do I.E.S. de Celanova.

Publicou varios artigos en La Voz de Galicia e El Correo Gallego, así como nas revistas Imo, A Caramecha e Faíscas.






COITELADAS NA ALMA
Autor: Xosé Plácido Betanzos García
Editorial: Era Dixital
Ano: 2009
Idioma: Galego

Unha novela que nos achega ós problemas e vivencias da emigración.

Xosé Plácido naceu en Palmeira no 1952, e adicou a meirande parte da súa vida ó ensino e á actividade política e social. Foi voceiro do BNG de Ribeira entre os anos 1992-2002 e candidato á Alcaldía nos anos 1995 e 1999. Actualmente é profesor de tecnoloxía no I.E.S. Leliadoura de Ribeira.

Gañou o 1º premio do Certame Valle Inclán no ano 2002, e tamén o 1º premio Relatos na Emigración en Bos Aires no ano 2004. Colaborador ocasional de La Voz de Galicia







OS PECADOS CAPITAIS
Autor:  Francisco A. Vidal Blanco
Editorial:Xerais
Ano:2007
Idioma: Galego

Francisco Antonio Vidal Blanco nado na Bouciña (Palmeira, Ribeira) en 1957, é un escritor e etnógrafo galego.

Con esta novela gañou o premio Terra de Melide 2005.

A soberbia de Andrés, un narcotraficante da ría de Arousa, lévao a asumir riscos e aventuras que o converten nun home rico, temido e adulado. Pero cando lle chega a hora da morte, Andrés ten que enfrontarse a todas as pantasmas do seu pasado, un pasado de maldade no que el sempre era necesariamente o primeiro, sen importar as formas nin os métodos para conseguilo. (Edicións Xerais)






OS CHANZOS DA ESCADA
Autor:  Francisco A. Vidal Blanco
Editorial:Toxosoutos
Ano:2004
Idioma: Galego






O BOTÍN DA INMORTALIDADE

Autor:  Francisco A. Vidal Blanco
Editorial:Toxosoutos
Ano:2003
Idioma:Galego

Francisco Antonio Vidal Blanco nado na Bouciña (Palmeira, Ribeira) en 1957, é un escritor e etnógrafo galego

Con este libro consigueu o Premio Avilés de Taramancos 2003 de Relatos de Aventuras


A LUZ DA ECLIPSE

Autor:  Francisco A. Vidal Blanco
Editorial:Toxosoutos
Ano:2003
Idioma:Galego





A DERRADEIRA DECISIÓN

Autor:  Francisco A. Vidal Blanco
Editorial:Toxosoutos
Ano:2001
Idioma:Galego






HISTORIA DE RIVEIRA 1200-1975
Autor:  Daniel Bravo Cores
Editorial: Gráficas Salnés
Ano: 2001
Idioma: Castelán

Libro moi interesante e cunha encuadernación de moi alto nivel que nos conta a historia do concello de Riveira entre os anos 1200 e 1975. Polo tanto conta con moitas alusións ó pobo e parroquia de Palmeira.

Daniel Bravo naceu en Carreira, licencióuse en Historia pola USC, e actualmente é Catedrático e imparte clases no Instituto Rosalía de Castro de Santiago.











SÍNTESIS HISTÓRICA DE PALMEIRA 1600-1850
Autor:  Xosé Álvarez Castrelo
Editorial: Tórculo
Ano: 1985
Idioma: Castelán

Libro escrito polo gran historiador de Palmeira, Pepe Castrelo no que se conta un pouco a historia do noso pobo dende o ano 1600 ata mediados do século XIX.

Fálase da evolución da poboación, da estratificación da sociedade, dos sectores económicos, das festas, da Igrexa, dos homes ó servizo da Real Armada, do muelle de Palmeira, etc...

Solíase mercar na Sociedad Hijos de Palmeira que colaborara na edición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario